Seguro que despois de instalar WordPress, a túa pregunta é… e agora que? Pois ben. Aquí aprenderás os primeiros e máis importantes pasos que deberás dar cando a túa instalación estea lista.

Vouche dar 8 sinxelos pasos que deberás facer para aforrar tempo e evitar dores de cabeza innecesarios ca túa web.

Empezamos?

1. Comproba que usas o protocolo HTTPS

Entra en Axustes > Xerais e fíxate que tanto no apartado  “Dirección de WordPress (URL)” e “Dirección do sitio (URL)” esteas usando o protocolo https://

Esto funcionará sempre e cando no teu aloxamento instalaras e activaras un certificado de seguridade Let’s encrypt.

2. Axusta o uso horario correctamente

Non parece importante pero si que o é. Configurar a zona horaria, o formato de data e hora correctamente permitirache programar artículos para que se publiquen á hora que ti desexes.

Para configurar estos datos vamos a Axustes > Xerais.

3. Modifica os enlaces permanentes

Hai que escoller unha estrutura de URLs amigables.

Que son as URLs amigables?

As urls amigables consiste en poñer un nome sinxelo ás túas páxinas, tanto para contentar a Google e que posicionen, como pra os teus visitantes, e que non vexan un nome difícil de ler ou o confundan con outras cousas e rematen marchando da web

Así que vamos a Axustes > Enlaces permanentes e escolle “Nome da entrada”

4. Activa a etiqueta no-index

Unha vez que instalas WordPress, non tes a túa web nin deseñada nin cos contidos definitivos. Polo tanto, interésache que Google non indexe a túa web por agora.
 
Para facer esto simplemente vamos a Axustes > Lectura > Disuadir aos motores de búsqueda.

 

Lémbrate de desmarcar esta opción cando publiques a páxina web definitivamente.

5. Cambia o nome da categoría por defecto

WordPress vai crear por defecto unha categoría co nome “sin categoría”. Recoméndoche que lle cambies o nome por algún outro que teña relevancia á hora de ter clasificados os post.


Para facer isto vamos  Entradas > Categorías e clicamos en “Editar”.

6. Borra as páxinas e entradas de exemplo

Ao instalar WordPress, vanse crear unha serie de entradas e páxinas por defecto que te sirvan de modelo para cando cres as túas.

Pero, o meu consello é que as elimines o antes posible, Por que? Probablemente esquezas eliminalas e rematen indexadas en Google.

7. Desinstala plugins innecesarios

Como vimos no paso anterior, WordPress tamén vai instalar varios plugins por defecto. Normalmente, Hello Dolly e Akismet.

Tamén algúns empresas de hosting ao facer a instalación de WordPress en 1-clic, instalan certos plugins.

Borra todos os plugins que non vaias a utilizar e así manterás a túa web limpa e lixeira.

8. Instala os plugins imprescindibles

Deberás instalar todos os plugins que che fagan falta. Pensa nas funcionalidades que precisas para deixar este paso listo o antes posible. Gañarás tempo, e xa poderás personalizar e engadir contido á túa web.

Os plugins que deberás instalar, polo menos de maneira xeral, van ter relación cas seguintes temáticas:
 

Antispam.
Copias de seguridad.
SEO.
Cumplir ley de cookies/RGPD.

Para rematar...

Aforra moitas complicacións, erros e perdas de tempo innecesarias con estos 8 sinxelos pasos despois de instalar WordPress.

Quedaches con algunha dúbida? Déixame un comentario aquí abaixo e axúdoche a resolverlas.

Podo axudarche co teu proxecto?

Falamos?
1
¡Ola! 👋,
Benvido a julianbravo.gal. Será un pracer para min brindarche solucións dixitais para o día a día do teu negocio.